DeportesGalerías de fotosÚltima hora

Deportividade e solidariedade no derbi disputado no Aguillón

Os veteranos do C.D. Rúa e do C.D. Barco xogaron por unha boa causa

Cun bo ambiente, deportivo e social, se desenvolvía o amigable entre os veteranos do C.D. Rúa e do C.D. Barco que se disputaba na tarde do 30 de decembro no campo do Aguillón. Non só polo partido en si entre os eternos rivais, senón pola boa causa que novamente os reuníu sobre o céspede: a solidariedade.

De forma voluntaria, a organización pedía un quilo de alimentos non perecedoiros aos asistentes ao partido, para ser doados ás Voluntarias da Caridade que máis tarde os repartirán entre aquela xente que máis o necesite, e o resultado foi máis que satisfactorio.

Neste tipo de partidos o resultado é o de menos e malia que finalmente os do Barco impoñíanse pola mínima, a organización quédase coa boa acollida que tivo a iniciativa. Ademais dos alimentos cedidos polos asistentes, o C.D. Rúa cedeu un lote de produtos ibéricos e botellas de viño para sortear entre os que mercaron rifas coas que recadaron uns 180 euros.

Dende os veteranos do Rúa agradecen a colaboración dos asistentes, do equipo do Barco e do árbitro Carlos López Gudiña que fixeron posible o encontro.

Fotos: Mónica G. Bellver

Artigos relacionados

Back to top button