DeportesÚltima hora

A Deputación abre o prazo de inscrición para o programa “Esquiou 2017”

O número total de prazas é de 735 nenos, que se dividirán en sete quendas de 105 rapaces, e a inscición está aberta até o 15 de xaneiro de 2017
Un dos grupos que participou o ano pasado co presidente da Deputación, Manuel Baltar.
Un dos grupos que participou o ano pasado co presidente da Deputación, Manuel Baltar.

A Deputación e a estación Oca Nova de Manzaneda colaboran un ano máis para levar a cabo o programa “Esquiou 2017”, que dende hoxe abre o prazo de inscrición. A través desta iniciativa deportiva, o goberno provincial pretende achegar o esquí aos nenos e nenas de Ourense.

Durante a súa estancia os participantes poderán gozar dun completo programa de actividades nas instalacións da estación. Dentro deste paquete inclúese o aloxamento, prensión alimenticia, curso de esquí e otutras actividades complementarias para os cativos nados dende o 1 de xaneiro de 2005 ata o 31 de de decembro de 2008 na provincia de Ourense. O custo da actividade é de 29 euros e se deberá aboar o día da isncrición.

O cupo de prazas total é de 735 nenos e nenas que se dividirá en sete quendas de 105 persoas. A duración é de dúas noties e tres días de luns a mércores. En canto ás quendas, dende a Deputación informan que se establecerán os repartos por proximidade xeográfica dos particpantes, para lograr que os grupos sexan máis homoxéneos e que os rapaces e rapazas se coñezan previamente para “facilitar a integración e a convivencia”. No suposto de non cubrir todas as prazas nunha quenda e de haber demandas doutras comarcas, iranse asignando por orde de inscrición.

Deste modo, as quendas estrableceríanse do seguinte xeito: a primeira será do 23 ao 25 de xaneiro para os rapaces de Terra de Celanova e Baixa Limia; a segunda será entre os días 30 de xaneiro a 1 de febreiro para Allariz, Maceda e A Limia; a terceira irá do 6 ao 8 de febreiro e nela estarán os rapaces residentes na zona do Ribeiro e do Carballiño; a cuarta quenda é do 13 ao 15 de febreiro para Verín e Viana; a quenda de Valdeorras irá do 20 ao 22 de febreiro e a de Ourense será do 27 de febreiro ao 1 de marzo. A última quenda, do 6 ao 8 de marzo, corresponderalles ás terras de Caldelas e Trives.

Os interesados en participar teñen dende hoxe até o 15 de xaneiro de 2017 a través do enderezo eletrónico esquiou@depourense.es . Unha vez realizada a preinscripción realizaranse os grupos por quendas, sendo o método de selección de participantes por orde de inscrición.

Artigos relacionados

Back to top button