EconomíaEconomía

A Deputación acolleu hoxe un “workshop” sobre turismo natural

Os novos retos do turismo de interior ou o termalismo foron algúns dos temas do debate desta xornada
Luis Caramés e Manuel Baltar.

A Deputación vén de inaugurar hoxe, 4 de maio, un “worksop” ou xornada de traballo sobre turismo natural e sostible, organozado polo Grupo Comeiro, que se desenvolve no Centro Cultural Marcos Valcárcel. O presidente da Deputación, Manuel Baltar, destacou que “o Plan provincial de turismo cultural e creativo que impulsa a Deputación aumentará a competitividade da nosa oferta turística”, subliñando que a provincia ·será a primeira de España en contar cun plan destas características, que permitirá desenvolver un modelo turístico cultural que dinamice social, cultural e economicamente a provincia de Ourense”.

Baltar estivo xunto ao economista e coordinador do Grupo Colmeiro de análise e debate, Luis Caramés. Esta xornada ten como obxectivo analizar o ámbito turístico desde a perspectiva do benestar, a ciencia, a natureza e a saúde, con relatorios sobre os novos retos do turismo interior, marketing de turismo sustentable e termalismo.

O Grupo Colmeiro, organizador da xornada, conta con especialistas en materias como demografía, emprego, enerxía, medio ambiente, turismo ou innovación, que enriquecen un espazo de debate desde o rigor e a pluralidade, e dirixe a súa atención a áreas como a organización territorial, os mercados e a competitividade, a modernización dos sectores produtivos e as políticas públicas.

Baltar explicou que o Plan provincial de turismo cultural e creativo contempla “incrementar a repercusión dos beneficios no ámbito local, procurando un desenvolvemento turístico integrado coa actividade económica e respectuoso cos recursos naturais e culturais da provincia de Ourense”. As liñas de actuación do plan inclúen: potenciar a “marca Ourense” e as singularidades da provincia; crear e deseñar novos produtos de turismo cultural e creativo; captar novos segmentos turísticos; mellorar o desenvolvemento sostible; abrir novos mercados emisores; profesionalizar o sector e potenciar a cooperación empresarial e social.

Pola súa banda, Luis Caramés destacou a necesidade de “equilibrar o territorio tamén en materia de turismo, para incrementar as grandes oportunidades e singularidades que ofrece o interior”.

 

Artigos relacionados

Back to top button