ConcellosÚltima hora

A Deputación aproba por unanimidade honrar a Casares coa medalla e ouro

O Pleno tamén aprobou, cunha enmenda do PP, a axilizar os trámites con Fomento para unha conexión de alta velocidade “de calidade” con Vigo e Lugo
Pleno de hoxe.

A Deputación aprobou hoxe, 26 de maio, en Pleno Ordinario e por unanimidade, conceder a Carlos Casares, escritor homenaxeado este ano nas Letras Galegas, a Medalla de Ouro a título póstumo, “coa fin de recoñecer a súa labor como galego universal”. Tanto PP como PSdeG, Democracia Ourensana e BNG estiveron de acordo en incoar o expediente para conceder devandita honra.

Así é todo, toda a oposición criticou a “urxencia da iniciativa”. De feito, o deputado do BNG, Ramiro Rodríguez, dixo que o PP vai repoñer a súa memoria, “a dun galego universal que dignificou a lingua”, repetiu as palabras da moción, pero apostillou que foi un galego “ao que lle foi aberto un expediente no ano 1970 polo alcalde Neftalí Prieto que acabou coa expulsión de Casares da docencia en Galicia, acusado de influenciar políticamente aos alumnos cunha obra de teatro que falaba de caciques”.

Tamén o deputado de Democracia Ourensana, Amando Ojea, tachou de “oportunismo” esta iniciativa e tamén cuestionou a urxencia. Pola súa banda, o deputado Socialista, Francisco Fraga, sentenciou que “é unha pena que non se fixera antes”. A pesar de todo, todos os grupos votaron a favor.

Outra das mocións clave desta sesión plenaria foi a de instar ao Ministerio de Fomento a que se axilice a tramitación para unha conexión de alta velocidade “de calidade” de Ourense con Vigo e Lugo, coa fin de que a cidade das Burgas “siga sendo punto nodal ferroviario de Galicia”, dixo o voceiro do Partido Popular, Plácido Álvarez, durante a súa intervención.

Esta moción, acadou practicamente o apoio de toda a cámara, exceptuando aos nacionalistas, para unha enmenda de modificación a esta proposta de Democracia Ourensana. Armando Ojea (DO) pediu ao presidente da Deputación, Manuel Baltar, que falase con Fomento para que se axilizasen os plazos de conexión. Finalmente, o acordo enmendado polo PP, propón unha conexión ferroviaria “de calidade”, entre Ourense e as outras cidades.

No eido rural, os socialistas presentaron no Pleno de hoxe unha moción de rexeitamento ao peche das oficinas de Abanca no rural e na que instaba á Deputación a que replantexase a súa colaboración coa entidade bancaria no caso de devandito peche, así o propuxo Isabel Álvarez. A deputada avalou as súas palabras falando das protestas que houbo en concellos de O Irixo ou Ramirás.

A esta moción, os populares presentaron unha enmenda na que, segundo defendeu o deputado popular, Plácido Álvarez, que era “unha negociación de respeto”, asegurou que esta moción “axústase máis á realidade” xa que o que propoñían era “instar a Abanca a que colabore na prestación de servizos aos concellos do rural”. Tamén proporían a instalación de “oficinas móbiles e dotar dos medios necesarios para ofrecer un servizo máis eficiente”, así como a instalación de caixeiros para as operacións máis habituais e a formación para as persoas maiores en banca electrónica.

O Partido Popular aproveitou a súa maioría absoluta para tirar adiante con esta enmenda. Así é todo, a proposta socialista non foi para adiante xa que contou só con 9 votos a favor (BNG e PSdeG), 13 en contra do PP e dúas abstencións de Democracia Ourensana.

Artigos relacionados

Back to top button