Ourense

A Deputación busca capacitar aos cidadáns para fabricar compostaxe doméstica

Pon en marcha unha campaña dirixida aos municipios de menos de 20.000 habitantes para concienciar da problemática da elevada xeración de residuos
Domínguez Lino e Baltar, onte, no Pazo Provincial.
Domínguez Lino e Baltar, onte, no Pazo Provincial.

A Deputación de Ourense, en colaboración con Sogama, pon en marcha a primeira campaña provincial de compostaxe doméstica, unha iniciativa que abrangue a todos os concellos de menos de 20.000 habitantes (todos agás a capital). Ten como obxectivo concienciar aos veciños dos municipios sobre a problemática da elevada xeración de residuos e busca capacitalos para que eles mesmos fabriquen o seu propio compós a escala doméstica. Isto permite que se poida pechar in situ o ciclo de reciclaxe dos restos orgánicos, converténdoos nun abono natural con excelentes propiedades fertilizantes para o chan.

Deste xeito, a Deputacion asume a xestión, coordinación e desenvolvemento da campaña, levando a cabo labores de dirección, supervisión e control de todos os traballos vinculados á campaña, así como a xestión do material que se entrega aos participantes e das accións formativas.

O presidente da Deputación, Manuel Baltar, e o presidente de Sogama, Javier Domínguez Lino, materializaron esta posta en marcha coa sinatura dun convenio de colaboración que pretende, a diferena doutros anos, dar servizo a todos os concellos da provincia. Con todo, daráselle prioridade a aqueles que non teñan realizado campañas anteriores.

Artigos relacionados

Back to top button