OurenseÚltima hora

A Deputación concederalle a medalla de ouro da provincia a Casares a título póstumo

Esta resolución aprobouse na Sesión Plenaria correspondente ao mes de novembro
Sesión plenaria de hoxe.

O Pleno da Deputación de Ourense, celebrado hoxe, 24 de novembro, aprobou conceder ao escritor Carlos Casares a medalla de ouro da provincia a título póstumo. Segundo sinala o expediente de honra, outórgaselle ao homenaxeado nas Letras Galegas 2017 “como homenaxe e recoñecemento do noso pobo a toda unha longa traxectoria cultural e social marcada polo seu carácter conciliador que forxou na súa etapa máis ourensá”.

Dito expediente tamén sinala dito expediente que as meritorias circunstancias persoais e profesionais que concorren no escritor Carlos Casares “son determinantes para avaliar as calidades que honran a este persoeiro”.

Na sesión plenaria de hoxe a corporación tamén aprobou dúas iniciativas sobre violencia de xénero: unha para instar á Xunta a avanzar no Pacto Galego contra a violencia machista, e a cumprir e avaliar o grao de cumprimento da normativa en materia de igualdade, así como comprometer o apoio da corporación as mobilizacións que desenvolverán as organizacións feministas galegas contra a violencia machista; a segunda iniciativa aprobada neste ámbito abrangue subscribir o Pacto de Estado en materia de violencia de xénero; desenvolver un pacto provincial contra as violencias machistas, e constituír un Consello provincial da muller.

Por outra banda, no ámbito de transparencia, acordouse habilitar un espazo na páxina web da Deputación para que os cidadáns poidan seguir o cumprimento das mocións aprobadas nas sesións plenarias.

Artigos relacionados

Back to top button