OurenseÚltima hora

A Deputación de Ourense comeza coa campaña de vialidade invernal

Unha trintena de persoas, 1.000 toneladas de sal e 12 vehículos e maquinaria compoñen o operativo previsto
Reunión na Deputación para a posta en marcha do operativo que velará pola seguridade nas estradas ourensás durante o inverno.
Reunión na Deputación para a posta en marcha do operativo que velará pola seguridade nas estradas ourensás durante o inverno.

O inverno achégase. Así o entenden tamén na Deputación de Ourense, pois xa comezaron a preparar a campaña de vialidade invernal. O operativo estará integrado por 30 persoas, 1.000 toneladas de sal e unha ducia de vehículos equipados para ter cubertas todas as estradas da provincia cando o mal tempo comece a afectar á seguridade no tráfico. O deputado da área de Cooperación, Pablo Pérez, foi o encargado de dar estes datos tras reunirse co xefe da área de Vías e Obras do organismo provincial, José Manuel González, e co xefe do Parque de Maquinaria, José Fírvida, entre outros.

“Trátase dunha campaña que o goberno provincial leva a cabo cada ano co obxectivo de reforzar a seguridade nas estradas provinciais para facer fonte ás adversidades meteorolóxicas propias do inverno”, asegurou Pérez. Tamén aseguran ser a primeira administración pública galega en comezar con esta campaña.

Artigos relacionados

Back to top button