ConcellosÚltima hora

A Deputación de Ourense concede 10.000 euros a Asfaval

A directiva do colectivo valdeorrés solicitou a axuda ao presidente para a adquisición dunha furgoneta
Usuarios de Asfaval no centro ocupacional. /Foto: Mónica G. Bellver.
Usuarios de Asfaval no centro ocupacional. /Foto: Mónica G. Bellver.

Na mañá do 30 de marzo, a xunta directiva de Asfaval, con Amelia Blanco á cabeza, mantiña unha reunión na Deputación de Ourense para solicitar unha axuda económica para a adquisición dun novo vehículo de transporte para os usuarios, posto que o que teñen agora xa é moi vello e necesitan cambialo, por seguridade. “Xa temos 8.000 euros, a ver se conseguimos o resto”, explicaba Amelia antes da reunión da que finalmente saían satisfeitos. “Concedéronnos os 10.000 euros para poder mercar a furgoneta”, aseguran.

Dende Asfaval tamén informan de que é moi probable que no mes de abril se comece a impartir o curso de formación para a adquisición dos certificados de profesionalidade de Atención Sociosanitaria a Personas no Domicilio, tendo previsto realizar un curso homologado de Fitosanitarios segundo a demanda de participantes.

Artigos relacionados

Back to top button