EconomíaEconomíaÚltima hora

Deputación e CEO asinan un convenio que pon en marcha o plan “Exportou” para internacionalizar empresas ourensás

Manuel Baltar e José Manuel Pérez tras a sinatura do convenio. 

A Confederación Empresarial de Ourense e a Deputación impulsan a internacionalización das empresas de Ourense coa posta en marcha do plan “Exportou”. Esta iniciativa é froito do convenio de colaboración asinado hoxe, 1 de marzo, no Centro Cultural Marcos Valcárcel, polo presidente da Deputación, Manuel Baltar, e o presidente da CEO, José Manuel Pérez Canal, co fin de trazar as liñas de actuación a levar a cabo durante o ano 2017.

A deputación e a CEO xa veñen colaborando para desenvolver determinados proxectos e, este ano, “plantexamos este ambicioso plan de apoio á internacionalización ás empresas de Ourense, “Exportou”, para o cal o goberno provincial vai destinar unha axuda de 100.000 euros, que será na sesión plenaria no correspondente mes de abril”, explicou Baltar.

“Exportou” pretende, a través da realización de diversas actuacións a desenvolver ao longo deste ano, apoiar a internacionalización das empresas de Ourense. Baltar adiantou que este ano “imos poñer en marcha unha Misión Empresarial a Israel, promovida pola Deputación, no mes de maio”.

O presidente da CEO explicou que este Plan vai dirixido para “asesorar e acompañar ás empresas que nunca exportaron para que se inicien no camiño da internacionalización e, por outra parte, a axuda a aquelas empresas que xa están hoxe a exportar, a incrementar os seus mercados e as súas relacións no exterior”.

 

Artigos relacionados

Back to top button