EconomíaEconomíaÚltima horaViticultura

Deputación e consellos apostan por crear o “Clúster do Viño de Ourense”

A seguinte reunión entre o organismo provincial e os consellos reguladores terá lugar na sede do CRDO Valdeorras o 4 de setembro
Reunión do presidente da Deputación cos presidentes dos catro consellos reguladores vitivinícolas existentes na provincia de Ourense.
Reunión do presidente da Deputación cos presidentes dos catro consellos reguladores vitivinícolas existentes na provincia de Ourense.

Xa o adiantaba Manuel Baltar no seu discurso de investidura como presidente da Deputación e agora comezan a darse os primeiros pasos. Ourense contará cun Clúuster do Viño. Tanto a Deputación como os catros consellos reguladores existentes na provincia acordaban nun encontro na Deputación, celebrado o 16 de xullo, deseñar e establecer as liñas mestras de actuación desta organización, as cales abordarán nunha próxima reunión que celebrarán o vindeiro 4 de setembro na sede do Consello Regulador da Denominación de Orixe Valdeorras.

O clúster, en opinión de Manuel Baltar, “significará un impulso e unha panca de desenvolvemento para o sector, e a presenza da Deputación de Ourense no mesmo fará que lidere a iniciativa unha administración pública perfectamente definitoria do que é a provincia, pois os seus límites territoriais son os do clúster”.

Ademais no decurso deste encontro Baltar e os presidentes dos consellos reguladores das denominacións de orixe vitivinícolas ourensáns (Asunción Rodríguez de Monterrei, José Manuel Rodríguez da Ribeira Sacra, Miguel Ángel Viso do Ribeiro e José Vicente Solarat de Valdeorras) avanzaban noutras liñas de participación que poden
desenvolver, entre as que figura a posta en marcha dunha sede das catro denominacións de orixe vitivinícola cun claro compoñente comercial e promocional dos viños e produtos da provincia de Ourense, “co obxectivo de que os visitantes se poidan informar e tamén degustar os nosos produtos nun edificio de titularidade provincial”, e tamén se falou de que a Deputación colabore activamente nas “Rutas do Viño”.

Artigos relacionados

Back to top button