EconomíaEconomíaÚltima hora

A Deputación e Waterkeeper Alliance asinan un acordo para a protección dos ríos ourensáns

Manuel Baltar e Robert F Kennedy.

O presidente da Deputación de Ourense, Manuel Baltar, e o presidente da ONG Waterkeeper Alliance, Robert F. Kennedy asinaron un protocolo co obxectivo analizar a posibilidade de colaboración entre a Deputación e esta entidade medioambiental para realizar estudos de protección de ríos na provincia. Desta maneira, o río que se valore analizar sería o primeiro de Europa que a Waterkeeper Alliance estudaría no que atinxe ás variables medioambientais, como a conservación da biodiversidade ou a xestión sustentable do territorio fluvial e os seus recursos, entre outros factores.

Kennedy, quen mañá participará no Pazo de Vilamarín como experto en asuntos medioambientais internacionais no consello político de “Partenalia”, a organización de gobernos locais intermedios de Europa, asinou no Libro de Honra da Deputación de Ourense, tras a recepción que tivo lugar Pazo Provincial a cargo de Manuel Baltar.

Na reunión de Partenalia, abordaranse temas de sustentabilidade, medio ambiente e transparencia, e ademais de Robert F. Kennnedy participará o presidente da American Sustainable Business Council, David Levine. Manuel Baltar afirma que será “unha excelente ocasión para analizar as oportunidades que a economía sostible ofrece ás administracións públicas e ás empresas, dentro do importante papel que están chamadas a xogar nun mundo globalizado onde o respecto polo medio ambiente e xa determinante á hora de xestionar e desenvolver políticas e proxectos que acheguen competitividade aos territorios”.

Artigos relacionados

Back to top button