OurenseÚltima hora

A Deputación entrega os III Premios “Estatuto de Autonomía para Galicia”

Baixo o lema “O Parlamento de Galicia, a nosa casa”, escolares da provincia de Ourense foron premiados nas modalidades de debuxo e redacción
Os premiados na Deputación de Ourense.
Os premiados na Deputación de Ourense.

Coincidindo coa conmemoración do 35º aniversario da norma institucional básica galega, e baixo o lema “O Parlamento de Galicia, a nosa casa”, a Deputación de Ourense entregaba na mañá do 6 de abril, os III Premios “Estatuto de Autonomía para Galicia”, un certame no que participaron estudantes de centros educativos da provincia de Ourense dos niveis de Infantil, Primaria, Secundaria e Educación Especial, nas modalidades de debuxo e redacción escolar.

O acto, que se celebrou no Centro Cultural “Marcos Valcárcel”, contou coa participación do presidente da Deputación de Ourense, Manuel Baltar; o presidente do Parlamento de Galicia, Miguel Santalices; e o subdelegado do Goberno en Ourense, Roberto Castro, ademais de representantes políticos, sociais e institucionais de ámbito provincial, autonómico e estatal.

Na modalidade de debuxo en Educación Especial foron, o terceiro premio foi para Juan Manuel Fernández; o segundo premio para Manuel Ricardo Simball, e o primeiro para Leandro Manuel Ferreira, alumnos do Centro de Educación Especial “O Pino”. Na mesma modalidade de debuxo, en Educación Infantil, o segundo premio foi para Carlota Couso e o primeiro para Zoë Coetcee, do Colexio Padre Feijóo-Zorelle, mentres que en Educación Primaria, na modalidade de debuxo, os premiados foron: Adrián Garrido (terceiro), Diego Rodríguez (segundo), e Noa León (primeiro), alumnos do Colexio Padre Feijóo-Zorelle.

Na modalidade de redacción da ESO, o terceiro premio foi para Cristina Villaverde, o segundo para Yaskel Otero, e o primeiro para Silvia Araújo, do Colexio Sagrado Corazón, do Carballiño.

Artigos relacionados

Back to top button