OurenseÚltima hora

A Deputación e a Universidade “Menéndez Pelayo” estudan desenvolver actividades formativas

Nunha xuntanza entre o director da entidade académica e o presidente do organismo provincial falaron de liñas de cooperación relacionadas con xornadas formativas sobre medio ambiente e función pública
Jaime Rodríguez Arana e Manuel Baltar.

O presidente da Deputación de Ourense, Manuel Baltar, e o director da Universidade Internacional Menéndez Pelayo (UIMP) en Galicia, Jaime Rodríguez, reuníronse hoxe, 16 de xaneiro, no Pazo Provincial. Ambos analizaron a posibilidade de que esta institución académica desenvolva na provincia de Ourense actividades formativas en colaboración coa Deputación.

Neste sentido, acordaron determinar en próximas datas os temas de interese para a provincia, enmarcados no ámbito formativo que desenvolve a “Menéndez Pelayo”, para levar a cabo na capital e nalgún concello do territorio provincial, accións formativas relacionadas co medio ambiente e coa función pública, e un seminario que aborde os 40 anos da Constitución, para poñer de relevo a Carta Magna, “procurando desta maneira que Ourense teña un destacado protagonismo no ámbito académico-formativo nas actividades da UIMP e posicionar á nosa provincia tamén no eido da formación”, afirmou Manuel Baltar, destacando a “aposta importante pola formación, unha área á que xa se lle presta especial interese na Deputación polo que respecta á formación do persoal funcionario e laboral da administración local da provincia de Ourense”.

Jaime Rodríguez-Arana Muñoz, quen foi primeiro director da Escola Galega de Administración Pública (EGAP) e tamén director xeral do Instituto Nacional de Administración Pública (INAP), agradeceu a colaboración que se plantexa entre UIMP e Deputación, unha relación que xa se iniciou o pasado co curso de verán no que se analizou o papel dos gobernos locais intermedios. Neste seminario, o presidente provincial defendeu “a solidariedade e igualdade territorial de España, coas deputacións como claves para a cooperación e o desenvolvemento local”, subliñando que os gobernos locais intermedios “son unha realidade plenamente asentada en Europa, con maiores competencias e con elección directa, e o seu papel é fundamental polo compromiso e acción de xestión, goberno aberto, cooperación e transparencia cos cidadáns e cos concellos”.

Artigos relacionados

Back to top button