SanidadeÚltima hora

Dereitos laborais, embarazo e lactancia

A asesora legal Ana María García impartía unha charla no Barco no marco da 3ª Semana da Lactación Materna
O concelleiro de Sanidade do Barco, Orlando Saavedra, a presidenta de De Nai a Nai, Lorena Prada,  e a ponente, Ana María García./ Foto: Ángeles Rodríguez.
O concelleiro de Sanidade do Barco, Orlando Saavedra, a presidenta de De Nai a Nai, Lorena Prada, e a ponente, Ana María García./ Foto: Ángeles Rodríguez.

Ao redor da temática “Dereitos laborais no embarazo e lactancia” xiraba a charla-coloquio que promovía na tarde do 8 de outubro “De Nai a Nai. Grupo de Apoio á lactancia e crianza con apego” no Barco. O acto abríase coa intervención do concelleiro de Sanidade barquense, Orlando Saavedra, quen destacaba o labor desenvolvido dende esta asociación no eido da crianza. “Cada día debemos insistir dende as administracións e os particulares en que nos queda un camiño moi grande por percorrer, pero asociacións como a vosa axudan a facelo posible”, destaba.

Ademais Saavedra presentaba á ponente, Ana María García, asesora legal e consultora especializada en igualdade de xénero e dereitos das mulleres, quen de seguido iniciaba unha exposición sobre os “Dereitos laborais no embarazo e lactancia”. Nela destacaba que “o traballo é o principal hándicap co aue todas nos temos que enfrontar para quer continuar coa lactancia materna”. A conferenciante tamén abordaba cuestións como os os e dereitos laborais da muller embarazada, dereitos no parto/hospitalización, baixas por maternidade, lactancia e traballo, permisos especiais… Ademais dunha pequena mención sobre os dereitos da infancia hospitalizada.

Un dos momentos da charla-coloquio, celebrada no Barco na tarde do 8 de outubro./ Foto: Ángeles Rodríguez.
Un dos momentos da charla-coloquio, celebrada no Barco na tarde do 8 de outubro./ Foto: Ángeles Rodríguez.

Esta charla-coloquio que se desenvolvía no salón do edificio multiusos do Barco é un dos actos do programa da terceira edición da Semana da Lactación Materna do Barco de Valdeorras, organizada por De Nai a Nai.

Artigos relacionados

Back to top button