ConcellosÚltima hora

Derradeiro pleno da actual Corporación barquense

O novo pleno barquense constituírase no mediodía do 13 de xuño
Imaxe do pleno barquense celebrado o 10 de xuño./ Foto: Carlos G. Hervella.
Imaxe do pleno barquense celebrado o 10 de xuño./ Foto: Carlos G. Hervella.

Cun único punto na orde do día, convocábase un pleno extraordinario o 10 de xuño no Barco ás 14:30h. Era o derradeiro da actual Corporación barquense e, polo tanto, a última ocasión na que boa parte dos concelleiros se sentaban na sala de sesións. Era o caso dos socialistas Eduardo Ojea, Luis Arias, Ana Moldes e Natalia Álvarez. Tamén do nacionalista Vítor Nieves e das edís populares Estela Delgado e Manuela Rodríguez. Tampouco repetirán como concelleiros Moisés Blanco do PP e Julio Fernández do PSdeG-PSOE, que non acudían á convocatoria do 10 de xuño.

O alcalde en funcións, Alfredo García, xunto a Eduardo Ojea, que non repetirá como concelleiro, e a Miguel Neira,/ Foto: Carlos G. Hervella.
O alcalde en funcións, Alfredo García, xunto a Eduardo Ojea, que non repetirá como concelleiro, e a Miguel Neira,/ Foto: Carlos G. Hervella.

Neste último pleno antes da constitución da nova Corporación (o vindeiro día 13 de xuño) aprobábase por unanimidade a acta da sesión anterior e o alcalde en funcións, o socialista Alfredo García, aproveitaba para despedirse dos concelleiros que non continuarán e para agradecerlles o seu labor.

Edís que xa non continuarán formando parte da Corporación barquense./ Foto: Carlos G. Hervella.
Edís que xa non continuarán formando parte da Corporación barquense./ Foto: Carlos G. Hervella.

Artigos relacionados

Back to top button