En portadaÚltima hora

Desactívase a situación 2 de alerta no incendio de Viana que supera as 100 hectáreas

Medio Rural considera que xa non hai perigo para os núcleos de poboación da zona afectada na parroquia de Tabazoa de Umoso

 

A Consellería do Medio Rural vén de informar da desactivación da Situación 2 ás 15:12h. no incendio activo dende a tarde de onte no concello ourensán de Viana do Bolo, parroquia de Tabazoa de Umoso. A decisión tomouse  “ao non haber perigo para os núcleos de poboación da zona afectada”, segundo este departamento autonómico.

O lume permanece activo nestes momentos e, segundo novas estimacións, afecta unha superficie de máis de 100 hectáreas. No lugar levan traballado 1 técnico, 9 axentes, 38 brigadas, 18 motobombas, 2 pas, 11 avións e 17 helicópteros.

Por outra banda, quedou extinguido ás 18:54h. o lume da Mezquita, que estaba controlado desde as 20:37 h. de onte, 23 de setembro. Comezaba na parroquia do Pereiro ás 17:12 h. da tarde do sábado. Segundo as últimas estimacións, afecta unha superficie de 31,78 hectáreas de monte raso. Alí levan participado na súa extinción 1 técnico, 5 axentes, 18 brigadas, 7 motobombas, 2 palas, 9 helicópteros e 4 avións, segundo Medio Rural.

 

Artigos relacionados

Back to top button