En portadaSanidadeÚltima hora

Desaparece a área sanitaria de Valdeorras

O Parlamento galego vén de aprobar, con 39 votos do PP a favor e cos votos en contra da oposición, a reforma da Lei de Saúde de Galicia

 

Exterior do Hospital Comarcal Valdeorras, no Barco.

 

Coa reforma da Lei de Saúde de Galicia, que vén de ser aprobada pasadas as once e media da mañá do 20 de marzo no pleno do Parlamento galegas, a área de sanitaria de Valdeorras, xunto con outras tres existentes na comunidade (Monforte de Lemos, A Mariña e O Salnés) suprímese e pasa a convertirse nun distrito sanitario.

Esta reforma lexislativa saía adiante cos votos a favor do PP, un total de 39, fronte aos 32 votos en contra dos grupos parlamentarios da oposición (PSdeG, En Marea e BNG). Tamén se rexeitaban nas votacións as emendas presentadas polos grupos da oposición.

 

Un dos momentos da votación no Parlamento de Galicia da reforma de Lei de Saúde o 20 de marzo.

 

Artigos relacionados

Back to top button