OurenseÚltima hora

Desaparecido un veciño da Valenzá (Barbadás)

Desaparecido un home de 86 años veciño da Valenzá -Concello de Barbadás-. Segundo aseguran dende as autoridades, Ángel González Prieto, así é como se chama, foi visto por última vez no núcleo urbano da Valenzá o pasado 16 de novembro ás 19:45 horas. A vestimenta que portaba a última vez que foi visto portaba un pantalón de chandal azul con franxas brancas, xersei vermello con rombos azuis e bastón.

Ditas autoridades aseguran que pode estar desorientado debido a que ten alzheimer. No caso de que alguén teña algunha información, deberá chamar á policía local ao número 988 221 050 ou a Protección Civil de Barbadás (988 243 446).

Foto do desaparecido, Ángel González Prieto.

 

Artigos relacionados

Back to top button