ConcellosO BarcoÚltima hora

Desarticulado un punto de venda de drogas no Barco de Valdeorras

Publicidade

 

A Garda Civil da Rúa e do Barco vén de facer pública a desarticulación dun punto de venda “ao menudeo” no Barco de Valdeorras. No marco da ‘Operación Procoval’ os detidos son dous veciños da vila barquense, un home de 66 anos e unha muller de 36.

Tal como informan dende a Garda Civil, realizaron dous rexistros nos que foron incautados 67 gramos de cocaína, 56 gramos haxix, 27 gramos de marihuana e 102 gramos de material de corte, así como básculas de precisión.

Ámbolos dous detidos pasaron a disposición xudicial quedando en liberdade.

Artigos relacionados

Back to top button