ConcellosO BarcoÚltima hora

Desastronauts e Festicultores Troupe abren o programa cultural “O Cristo” no Barco

Será na tarde do 11 de setembro con actuacións ao aire libre ás 19h. e ás 20:30h., respectivamente. Ademais os Festicultores ofrecerán un concerto ás 22:30h.

Festicultores Troupe actuando nunha ocasión anterior no Malecón do Barco./ Foto: Ángeles Rodríguez.

 

Acrobacias circenses e moita música, humor e baile con acento galego. Dese xeito arranca o programa cultural “O Cristo 2020” unha proposta alternativa ás festas do mesmo nome do Barco que este ano non se celebrarán no Barco pola crise sanitaria do Covid.

Serán un total de catro xornadas, do 11 ao 14 de setembro, con diversas propostas programadas dende a Concellería de Culturan nas que se gardarán as medidas de seguridade sanitarias fronte ao Covid. Estas actividades irán do teatro á música de diversos estilos, pasando pola creación local. Así o programa abrirase este venres 11 de setembro a partir das 19h. co espectáculo de teatro-circo “Máis alto aínda” de Desastronauts” na praia fluvial (con entrada libre e aforo limitado).

Unha hora e media despois chegará o son dos “mellores inmunizadores de festas nesta nova normalidade”. Así se definen a si mesmos os integrantes de Festicultores Troupe, que, dende o Malecón, darán un pasarrúas polo Barco.

Despois deste traxecto festivo no que encherán do seu contaxioso ritmo a vila, este singular grupo ofrecerá un concerto ás 22:30h., na praza José Otero. Será de entrada libre e aforo limitado. A apertura de portas terá lugar media hora e, dende a organización, prégase acudir con tempo.

 

Cartel promocional da actuación de Desastronauts.

Artigos relacionados

Back to top button