DeportesÚltima hora

Desbordados pola solidariedade, na II Gran Festa do Fútbol de Trives-Río-Manzaneda

Este torneo de fútbol sala solidario desenvolverase do 28 ao 30 de decembro no pavillón de Trives e a gran final disputarase o domingo ás 20h.

Xa está todo preparado no pavillón polideportivo da Pobra de Trives para 3 días de fútbol sala e solidariedade. Durante este venres 28 de decembro e o sábado 29 poderá desfrutarse nese espazo das fases previas da II Gran Festa do Fútbol, un torneo solidario organizado polos Concellos de Trives, San Xoán de Río e Manzaneda xunto coas asociacións RíoMola, Sporting Manzaneda, A Rebusca, CD Trives, Club Montaña Trives e co Disco-Pub Curvi.

Durante estas dúas primeiras xornadas tan só 4 equipos clasificaranse para as semifinais. O domingo, 30 de decembro, será o gran día coas semifinais (que comezarán ás catro) e coa gran final, prevista para ás oito da tarde. A entrada ao pavillón custará un kilo de alimentos non perecedoiros, e por cada kilo a maiores que se leve levarase unha rifa para os múltiples sorteos (de produtos doados polos numerosos colaboradores) que se celebrarán ao longo da tarde: ás 16:55h., ás 17:55h., ás 18:55h., ás 19:55h. e ás 20:55h.

Así sortearanse os seguintes artigos doados:

SD Eibar: Camiseta oficial de xogo e posters.
Rayo Vallecano: Camiseta oficial de xogo firmada polos xogadores.
Athletic Club: Postais/posters
Real Madrid: 4 libros de Enrique Ortego.
Atlético de Madrid: 1 camiseta de entreno.
Celta: 4 bufandas.
Deportivo: 2 packs de 2 entradas para ir a calqueira partido de liga.
Club Montaña Trives: 3 lotes con mochila, zapatillero e gorra.
Concello de Trives: 2 lotes practica Trives.
Estación de Montaña Manzaneda: 10 forfaits
COREN: 1 xamón.
Construcciones José Luis: 1 Smartbox “momentos mágicos para 2”
Carnicería Pedrés: Cesta de produtos naturais
Café Quintela/Pensión Baloira: Noite para 2 persoas (inclúe aloxamento e almorzo)
Casa Rural os Trintas: Noite para 2 persoas (inclúe aloxamento e almorzo)
Sporting de Manzaneda: 7 camisetas de quecemento.
Embutidos Hervella (Manzaneda): 1 lote de embutidos.
Jean François Morère – 1 acuarela valorada en 100€
Real da Pousa – 1 caixa regalo “La vida es bella” Spa e masaxe para 2.
Carpintería e mobles DR – 1 almofada viscoelástica.

 

Os alimentos repartiranse entre as familias menos favorecidas dos tres concello, con prioridade para aquelas que teñan menos, segundo a organización.

Artigos relacionados

Back to top button