En portadaGalerías de fotosÚltima hora

Desbordamentos no Sil ao seu paso polo Barco

Cun potente caudal de 1.259,00 m³/s e unha altura de 9,86 metros (segundo os datos da Confederacion Hidrográfica Miño-Sil ás 14h.) discurre no mediodía do 11 de xaneiro o río Sil no Barco. A vila segue estando en estado de prealerta por desbordamento, pero melloraron as condicións con respecto ás primeiras horas da mañá nas que o río si se saía do seu cauce (superando a situación de alerta) e inundaba determinados puntos da localidade, obrigando mesmo a realizar desaloxos. Ademais son numerosos os garaxes próximos ao cauce, en zonas como o Malecón, que teñen que estar achicando auga.

As praias fluviais do Malecón e zonas como a a área recreativa do Salgueiral están cubertas polo río. Tamén especialmente caudalosos baixan regatos como os de Viloira, así como os ríos Cigüeño e Mariñán.

Fotos: Carlos G. Hervella

Artigos relacionados

Back to top button