ConcellosÚltima hora

Descende a actividade delictiva na Rúa

O subdelegado de Goberno en Ourense asistía á xunta local de seguridade deste municipio. Ademais anunciaba que proporá a creación dunha Unidade de Industria en Ourense para axilizar os trámites e información en canto ás actividades e industrias de manexo de explosivos na provincia

 

Imaxe da Xunta Local de Seguridade no Concello da Rúa.

O salón de plenos do Concello da Rúa era escenario na mañá do 27 de novembro unha reunión da Xunta de Local de Seguridade deste municipio, á que asistía o subdelegado do Goberno en Ourense, Emilio González Afonso. Na xunta tamén están representados o Concello e as forzas e corpos de seguridade.

No decurso da reunión analizábanse os informes sobre seguridade cidadá e sobre violencia de xénero, levando a cabo un balance do ano 2018 e planificando as previsións en materia de seguridade para as próximas datas do Nadal. Informouse de que existe un descenso da actividade delictiva.

Ademais o subdelegado realizaba unha visita ao cuartel da Garda Civil da Rúa, durante a cal puxo en valor o traballo e o labor de prevención e protocolos de actuación sobre os cales traballan na zona. Ademais González Afonso anunciou que proporá a creación dunha Unidade de Industria en Ourense para axilizar os trámites e información en canto ás actividades e industrias de manexo de explosivos na provincia, xa que na actualidade a provincia de Ourense depende da Unidade de Pontevedra en canto a trámites nesta materia. Con esta proposta o subdelegado pretende levar a cabo un control máis exhaustivo dos materiais explosivos para garantir a seguridade cidadá.

Artigos relacionados

Back to top button