ConcellosO BarcoÚltima hora

Descenden a 23 os casos activos de Covid no Barco

 

Mantense á tendencia á baixa na curva de casos activos de coronavirus no Barco. Así segundo os últimos datos comunicados neste 21 de decembro polo Sergas ao Concello, o municipio rexistra 23 positivos, 2 menos que os rexistrados o sábado 19 de decembro.

En canto ao número de novos casos diagnosticados no concello nos últimos 14 días, o Barco ten 20 (5 menos que os rexistrados o sábado 19 de decembro), cunha incidencia acumulada para o concello: >50 e ≤150, segundo a Consellería de Sanidade.

 

Vista do Barco./ Foto: A.R.

 

Neste municipio mantéñense, como no resto da provincia de Ourense (agás A Rúa e Sarreaus, con restricións medio-altas) as restricións básicas, se ben a consellería mantén unha vixilancia detallada da súa evolución.

Artigos relacionados

Back to top button