ConcellosO BarcoÚltima hora

Descenden a 27 os casos activos de Covid no Barco

Praza Maior do Barco.

 

Nova xornada de baixada nos casos de coronavirus no Barco. Este concello rexistra un total 27 casos activos de Covid, 6 menos que o pasado sábado, segundo os últimos datos comunicados polo Sergas ao Concello neste 15 de febreiro.

En canto ao número de novos casos de Covid-19 diagnosticados no Barco nos últimos 14 días, éstes descenden a 32, 8 menos que os que figuraban o sábado 13 de febreiro. Ademais baixa, por primeira vez en semanas, a incidencia acumulada para o concello que se sitúa >150 e ≤250, segundo a Consellería de Sanidade.

 

Fonte: Consellería de Sanidade.

Artigos relacionados

Back to top button