ConcellosO BarcoÚltima hora

Descenden a 3 os positivos por Covid nos centros educativos do Barco

 

Mantense á tendencia á baixa nos casos activos de Covid-19 nos centros educativos do Barco, que suman un total de 3, o que supón 1 menos que os comunicados o sábado 7 de novembro pola Xunta.

Así, a Escola Infantil Los Juglares continúa con 2 positivos e volve ao listado o CEIP Otero Pedrayo de Viloira, cun novo caso. En cambio, quedan libres de virus o CEIP Julio Gurriarán e o IES Lauro Olmo, que ata o pasado sábado rexistraban un caso cada un deles. Tamén en Valdeorras, mantén dous positivos o IES Cosme López da Rúa.

Así mesmo, o IES Xermán Ancochea de Trives continúa con 1 positivo.

Por outra banda, o IES de Quiroga baixa a un positivo e o CEIP San Clodio (no municipio de Ribas de Sil) continúa con outro caso.

Artigos relacionados

Back to top button