En portadaSanidadeÚltima hora

Descenden a 4 os ingresos por coronavirus no Hospital Público de Valdeorras

Entrada principal ao Hospital de Valdeorras.

 

Mantense a tendencia á baixa no número de casos activos de Covid-19 na Área Sanitaria de Ourense, Verín e O Barco. Segundo os datos notificados hoxe pola Consellería de Sanidade (actualizados ás 18h. do 26 de novembro), rexístranse 533 casos activos de coronavirus (41 menos que onte). Tamén baixan lixeiramente as hospitalizacións en planta con 55 (1 menos que onte) e na UCI con 7 (1 menos que onte). Así mesmo diminúen os novos casos confirmados por PCR nas últimas 24 horas, un total de 15 (fronte aos 19 de onte).

Con respecto aos ingresos o Hospital de Valdeorras conta hoxe con 4 pacientes con coronavirus en planta (un menos que onte), mentres que o Hospital de Verín sube ata os 5 (2 máis que onte) e o Hospital Universitario de Ourense baixa a 47 en planta (1 menos que onte) e 7 na Unidade de Coidados Intensivos (1 menos que onte).

O total de casos rexistrados ata o de agora na provincia ascende a 7.487, con 6.663 curados e 290 falecidos. Polo de agora lévanse realizado 113.189 probas PCR.

8.452 casos activos de Covid en Galicia

O número de casos activos de coronavirus en Galicia é de 8.452 deles 1.724 son da área da Coruña, 1.060 da de Lugo, 533 da de Ourense, 1.200 da de Pontevedra, 2.268 da área de Vigo, 930 da de Santiago, e 737 da de Ferrol.

Do total de pacientes positivos, 93 están en UCI, 404 en unidades de hospitalización e 7.955 no domicilio. Polo de agora, en Galicia hai un total de 41.616 persoas curadas, rexistrándose 1.179 falecementos. O número de PCR realizadas é de 880.674.

Artigos relacionados

Back to top button