En portadaÚltima hora

Descenden a 5 os ingresos por Covid no Hospital de Valdeorras

O Hospital de Verín segue con 3 ingresos e o de Ourense con 56, segundo Sanidade

Entrada principal do Hospital Público de Valdeorras, no Barco./ Foto: Carlos G. Hervella.

 

Seguen á baixa os casos activos de Covid-19 na Área Sanitaria de Ourense, Verín e O Barco. Segundo os datos notificados hoxe pola Consellería de Sanidade (actualizados ás 18h. do 25 de novembro), rexístranse 574 casos activos de coronavirus (34 menos que onte). Tamén baixan lixeiramente as hospitalizacións en planta con 56 (1 menos que onte) e mantéñense na UCI con 8. Así mesmo diminúen os novos casos confirmados por PCR nas últimas 24 horas, un total de 19 (fronte aos 27 de onte).

Por hospitais, o de Valdeorras conta hoxe con 5 pacientes con coronavirus en planta (un menos que onte), mentres que o Hospital de Verín seguen con 3 e o Hospital Universitario de Ourense con 48 en planta e 8 na Unidade de Coidados Intensivos  Na xornada de onte falecía unha persoa neste complexo hospitalario.

O total de casos rexistrados ata o de agora na provincia ascende a 7.471, con 6.606 curados e 290 falecidos. Polo de agora lévanse realizado 112.702 probas PCR.

Artigos relacionados

Back to top button