SanidadeÚltima hora

Descenden a 6 os ingresos por Covid no Hospital de Valdeorras, 2 menos que onte

No Hospital de Verín son 3 os pacientes ingresados e no de Ourense 56, segundo Sanidade

Exterior do Hospital Público de Valdeorras.

 

Continúan baixando os casos activos de Covid-19 na Área Sanitaria de Ourense, Verín e O Barco e, segundo os datos notificados hoxe pola Consellería de Sanidade (actualizados ás 18h. do 24 de novembro), rexístranse 608 casos activos de coronavirus (19 menos que onte). Tamén baixan lixeiramente as hospitalizacións en planta con 57 (10 menos que onte) e na UCI con 8 (un menos que onte). Pola contra apréciase un aumento nos novos casos confirmados por PCR nas últimas 24 horas, un total de 27 (fronte aos 21 de onte).

Por hospitais, o de Valdeorras conta hoxe con 6 pacientes con coronavirus en planta (dous menos que onte), mentres que o Hospital de Verín baixa a 3 (un menos que onte) e o Hospital Universitario de Ourense a 48 (7 menos que onte) en planta e 8 (1 menos que onte) na Unidade de Coidados Intensivos  Na xornada de onte falecía unha persoa neste complexo hospitalario.

O total de casos rexistrados ata o de agora na provincia ascende a 7.449, con 6.551 curados e 289 falecidos. Polo de agora lévanse realizado 112.286 probas PCR.

Artigos relacionados

Back to top button