OurenseÚltima hora

Descenden as infraccións penais en Ourense no primeiro semestre do ano con respecto a 2015

Mañá actívase o Plan Turismo Seguro, para mellorar a seguridade no sector turístico
Un momento da reunión, hoxe, na Subdelegación do Goberno en Ourense.
Un momento da reunión, hoxe, na Subdelegación do Goberno en Ourense.

Ourense segue a ser unha das cidades con índices delictivos máis baixos de Galicia e de España. É o que se desprende dos datos presentados hoxe na Xunta Local de Seguridade, que se celebrou na Subdelegación do Goberno. O acto estivo presidido polo Subdelegado do Goberno, Roberto Castro, e polo alcalde da cidade, Jesús Vázquez. Tamén asistiron membros dos Corpos e Forzas de Seguridade do Estado e da Policía Local.

“Temos que seguir avanzando nesta liña, que é a correcta. A cidadanía sabe da profesionalidade, do bo facer e da dedicación da Policía”, explicou Castro. E é que os datos expostos arroxan un descenso do total das infraccións penais nestes primeiros meses de 2016 con respecto ao mesmo periodo do ano pasado, sendo máis acusado no caso das faltas detectadas.

Ademais, lembrouse que mañá, 1 de xullo, activarase o Plan Turismo Seguro, un operativo que busca mellorar a seguridade no sector turístico a través da protección dos axentes dos Corpos e Forzas de Seguridade.

Artigos relacionados

Back to top button