ConcellosManzanedaTrivesÚltima hora

Descensos en bici e xornadas micolóxicas, esta fin de semana na Estación de Montaña Manzaneda

Disputarse o Trofeo Federación DHI Manzaneda Bike Park by Giant, programándose para o sábado os adestramentos libres e para o domingo o campionato oficial

Un biker na Estación de Montaña Manzaneda. /Foto: Carlos G. Hervella.

 

En pleno outono, a Estación de Montaña Manzaneda será un punto de encontro en plena natureza para a ponte de novembro. Deporte e gastronomía daranse a man esta longa fin de semana con descensos en bicicleta e xornadas de micoloxía.

Os días 30 e 31 de outubro disputarase na contorna da estación o Trofeo Federación DHI Manzaneda Bike Park by Giant. O sábado realizaranse os adestramentos libres e o domingo terá lugar o campionato oficial. Está previsto que a xornada comece ás 10 horas, aínda que a manga clasificatoria arrincará ás 13 horas e a final ás 16 horas. As inscricións realizaranse para todas as categorías, incluíndo infantil e enduro e deberán realizarse a través da Federación Galega de Ciclismo.

 

 

A outra proposta comezará un día antes. Así, do 29 ao 31 de outubro celebraranse as Xornadas Micolóxicas que organiza o Club Montaña Trives e nas que participa a estación. O sábado terán lugar dúas actividades gratuítas: unha charla informativa no auditorio Julio Vázquez de Trives e unha saída ao campo para a recollida de exemplares na contorna. Ademais, a Estación de Montaña Manzaneda elaborou a tapa Terra de Trives con motivo das xornadas e o concurso da tapa micolóxica organizado pola mesma entidade.

Os interesados en pernoitar na Estación de Montaña Manzaneda para gozar destas propostas poderán facelo ao mellor prezo. Ofrécense apartamentos totalmente equipados con capacidade para 2,4 ou 7 persoas. Durante as pontes, festivos e fins de semana poderase acceder a todas as instalacións e servizos da Estación de Montaña: bike park, remontes, piscina, instalacións deportivas, roteiros de sendeirismo e de marcha noń rdica, parque multiaventura, tirolesa xigante, tiro con arco ou orientació n deportiva. Os interesados poden seguir facendo os seus reservas a través da páxina web da  estación ou chamando aos números de teléfono.

 

 

Mentres tanto, a Estación de Montaña Manzaneda avanza na súa preparación da tempada de neve. Desde hai xa semanas os traballadores da instalación están a acondicionar as pistas e as drenaxes, ademais de probar e poñer a punto os elementos de transporte, como o telecadeira

Artigos relacionados

Back to top button