ConcellosLaroucoÚltima horaVídeos

Descóbrese un novo lagar rupestre en Larouco

Era o viticultor Mario Yáñez quen o atopaba na zona das Penelas

 

No seu afán de afondar no pasado vitivinícola da súa terra, o viticultor Mario Yáñez vén de atopar un novo lagar rupestre en Larouco. Está situado nas Penelas e dábase a coñecer esta tarde aos medios de comunicación. “Dende que atopei o lagar na miña viña hai uns anos, picoume o gusanillo e empecei a investigalos. Dou voltas polo monte por onde penso que pode haber lagares, tendo en conta que haxa afloramentos de rocha e en zonas onde os vellos din que había antigos viñedos e tradición vitícola como Cabeza Vella ou A Pedreira. Tamén tomo como referencia a toponimia”, explicaba Mario.

 

 

Neste caso, engadía, “tiven sorte, cando cheguei aquí, fixeime, empecei a limpar e xa me din conta de que era outro lagar”. Xunto a Mario estaba o estudoso local José Fernández, quen apuntaba a posible orixe romana destes lagares; e a alcaldesa de Larouco, Patricia Lamela, quen anunciaba que este antigo lagar formará parte dunha ruta na que está traballando o Concello e que pretende poñer en valos os diferentes bens de interese arqueolóxico e cultural do municipio, especialmente os vencellados á cultura do viño. Trátase da “Ruta romana do viño”, un proxecto técnico para a recuperación patrimonial, paisaxística e etnográfica do Concello de Larouco.

 

 

Mario Yáñez aposta por seguir desentrañando o pasado do viño en Larouco e a súa intención é continuar buscando máis lagares. “Seguirei paseando polo monte ata que atope outro, seguro que hai máis”.

Fotos e vídeo: Carlos G. Hervella.

 

 

Artigos relacionados

Back to top button