Descubrindo a foxa de fundición de campás máis antiga, en San Vítor de Barxacova

Nun panel que vén de instalarse neste xacemento altomedieval, situado no concello de Parada de Sil, explícase como era o proceso de fundición das campás de bronce

Panel explicativo sobre a foxa de fundición de campás que xa está instalado no xacemento de San Vítor de Barxacova (Parada de Sil)./ Imaxe cedida polo Concello de Parada de Sil.

Unha vez completado o proceso de escavación e musealización in situ da foxa de fundición de campás descuberta no xacemento altomedieval de San Vítor de Barxacova (Parada de Sil), o equipo técnico que levou a cabo estes traballos decidía colocar un novo panel explicativo neste lugar. A través del, os visitantes poden descubrir e coñecer “o complexo procedemento de fundición das campás de bronce neste forno, que foi datado por termoluminiscencia entre finais do século IX e mediados do X, sendo o máis antigo coñecido a día de hoxe. O panel conta cun texto explicativo acompañado de viñetas que nos permiten coñecer con detalle como se facían as campás nesa época”, segundo explica o concelleiro de Cultura de Parada de Sil, Francisco Magide.

Este forno permite entender a existencia da capela no cima da rocha, capela na que houbo crego ata principios do século XV, momento no que quedou abandoada, sendo o oficio de campaneiro naquela época ambulante, desprazándose onde eran requiridos os seus servizos.

 

Necrópole altomedieval de San Vítor de Barxacova./ Foto: Carlos G. Hervella.

Nesta necrópole de San Vítor os sartegos ademais están monitorizados de xeito que na súa conservación se aplica o tratamento adecuado a cada un para evitar o seu deterioro, “xa que é un compromiso ineludible transmitir o xacemento ás xeracións futuras e iso depende non só das institucións que veñen colaborando na posta en valor do mesmo, senón de todos os visitantes aos que se fai un chamamento para que respecten as áreas de circulación de forma que este entorno arqueolóxico perdure no tempo e na memoria”, segundo manifesta a alcaldesa de Parada de Sil, Yolanda Jácome.

Scroll To Top

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies.
Pinche el enlace para mayor información. También puede consultar aquí nuestra política de protección de datos

ACEPTAR
Aviso de cookies