SanidadeÚltima hora

Descubrindo as claves da lactancia materna nos primeiros días

A Asociación De Nai a Nai do Barco organiza unha charla online sobre este tema o 28 de abril ás 18h.

 

Na súa aposta por achegar a importancia da lactancia materna e por asesorar sobre a mesma, a Asociación De Nai a Nai do Barco organizará o mércores 28 de abril ás 18h. a charla “As claves da lactancia materna nos primeiros días”.

A sesión será impartida por Lorena Prada, IBCLC (Consultora Internacional da Lactación Materna Certificada) e presidenta de De Nai a Nai. “Nesta charla trataremos de resolver as dúbidas máis frecuentes sobre lactación materna. Falaremos sobre que podemos esperar os primeiros días, como saber se o bebé está a comer o suficiente, sobre a importancia do acompañamento, do descanso da nai e do papel do pai”, adianta a relatora.

Así mesmo Lorena Prada explicará como “aliviar a inxurxitación mamaria, as obstrucións, por que se forman as gretas e cal é o seu tratamento. Desmontaremos os mitos máis frecuentes e falaremos das mastites”.

Despois da súa exposición está previsto un coloquio onde se resolverán as cuestións que plantexen as asistentes e compartiranse experiencias doutras nais.

A charla é en aberto, a través de Skype, para todo o público a través do link: https://join.skype.com/E52d9U73isFO

Artigos relacionados

Back to top button