EconomíaEconomíaÚltima horaViticultura

Descubrindo como se elaboran e se catan os viños, na D.O. Monterrei

Un total de 18 persoas asisten ao curso “Aproximación ao mundo da cata de viño”, organizado por este consello regulador
A presidenta do CRDO Monterrei, Asunción Rodríguez, no inicio deste curso./ Foto: CRDO Monterrei.
A presidenta do CRDO Monterrei, Asunción Rodríguez, no inicio deste curso./ Foto: CRDO Monterrei.

Os procesos de elaboracións de viños brancos, tintos e de barrica e a técnica da cata son algunhas das cuestións que se abordaban nas primeiras sesións do curso “Aproximación ao mundo da cata de viño”, organizado polo Consello Regulador da Denominación de Orixe Monterrei. Desenvolvíanse na adega Franco Basalo, S.L.U, da man de Iria Otero (licenciada en Enoloxía pola Universidade da Rioxa).

Un dos momentos de curso da D.O. Monterrei./ Foto: CRDO Valdeorras.
Un dos momentos de curso da D.O. Monterrei./ Foto: CRDO Valdeorras.

No comezo do curso, os 18 alumnos eran recibidos pola presidenta do CRDO Monterrei, Asunción Rodríguez, quen lles agradeceu a súa asistencia ao mesmo, además de presentarlles outras accións formativas que prentede levar a cabo esta denominación.

As últimas sesións desta acción formativa serán os días 6 e 7 de maio na adega Crego e Monaguillo SL. Nelas tocaranse cuestións relativas ás orixes da vide, variedades, denominacións de orixe, servizo e cata de viños, tal e como se adianta dende o CRDO Monterrei. Estas clases serán impartidas por Antonio Portela, Master en Viticultura e Enoloxía pola Universidade de Vigo.

Artigos relacionados

Back to top button

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies.
Pinche el enlace para mayor información. También puede consultar aquí nuestra política de protección de datos

ACEPTAR
Aviso de cookies
Close