Chandrexa de QueixaConcellosÚltima hora

Descubrindo o fascinante mundo das abellas, en Acevedo (Chandrexa de Queixa)

Publicidade

 

O sábado na aldea de Acevedo, no municipio de Chandrexa de Queixa, Rubén Fernández, biólogo e apicultor, impartiu unha charla na que nos descubriu o fascinante mundo das colmeas e as súas moradoras, as abellas, con todos os seus estatus sociais: raíña, obreiras, abázcaros…

Ao finalizar houbo un taller no que puidemos observar unha colmea a través dun cristal, acariñar abázcaros, quitar un panal do cuadro e extraer o mel apretando coas mans e ata fundir cera para facer unha candea.

 

 

 

Achegámonos a través das explicacións de Rubén, a comprender o perfecto equilibrio da natureza, capaz de regularse por si soa e que  os humáns alteramos, ás veces sen posibilidade de retorno.

Tardes de verán diferentes con actividades de orixe privado pero que ben poderían promover as institucións.

Texto e fotos: Raquel Pérez Diéguez.

 

Artigos relacionados

Back to top button