Galerías de fotosSanidadeÚltima hora

Descubrindo o proceso da aprendizaxe da fala e da escrita a través da metodoloxía Montessori, no Barco

A docente Mercedes Urbiola impartía no local de De Nai a Nai dous novos obradoiros vivenciais sobre linguaxe

Xogar coa grafía das letras do abecedario ou coa pronuncia de cada unha delas para introducir dun xeito natural e divertido aos máis pequenos no mundo da linguaxe oral e escrita. É o que propón a metodoloxía Montessori e así o descubrían as participantes no dobre obradoiro sobre este tema que se está a desenvolver neste sábado 26 de xaneiro no local do grupo de apoio á lactancia e crianza con apego “De Nai a Nai” no Barco.

Esta acción formativa está sendo impartida por Mercedes Urbiola. Trátase dun obradoiro vivencial para achegarse ao proceso de adquisición da linguaxe do neno, “dende o nacemento ata o desenvolvemento da lecto-escritura e o coñecemento da nosa propia lingua, descubrindo como a través dos materiais, un ambiente preparado e un adulto respectuoso os nenos vano adquirindo de forma natural, felices e sendo eles mesmos creadores das súas propias aprendizaxes”, conta a docente.

Estes son xa o cuarto e quinta o obradoiro Montessori que se imparten no Barco cunha moi boa acollida e promovidos por De Nai a Nai. Durante o taller da mañá traballábase co desenvolvemento da linguaxe dos nenos de 0 a 6 anos e pola tarde, dos de 6 a 12 anos.

Fotos: A.R.

Artigos relacionados

Back to top button