EconomíaEconomíaÚltima hora

Descubrindo o oleoturismo en terras de Quiroga

Enoturismo Galicia organiza visitas turísticas para coñecer o proceso de recollida e elaboración do aceite na veciña comarca quiroguesa

A recuperación do tradicional cultivo das oliveiras en comarcas como as de Quiroga ou Valdeorras, ten un valor engadido cultural e mesmo turístico. E nel básease a proposta de oleoturismo que vén organizando cada outono a empresa valdeorresa Enoturismo Galicia.

Trátase dunha actividade que se realizará do 13 de outubro ao 30 de novembro na que os participantes descubrirán como se cultivan as oliveiras e se recolle o seu froito. “Daremos un paseo polos olivares a medida que imos escoitando as explicacións sobre as partes da oliveira, variedades, cultivo…”, indican dende Enoturismo Galicia.

Ademais os asistentes poderán participar na recollida da oliva, vareando e vendo como se fai na actualidade esta recollida coa maquinaria existente. “Despois dirixirémonos á almazara, explicando o proceso produtivo do aceite, vendo as prensas, dépositos de decantación e almacenamento. E, finalmente, catarase o aceite acompañado de pan típico galego”, aseguran dende Enoturismo Galicia.

Esta actividade de oleoturismo, completarase ademais cunha proposta enoturística. Así realizarse unha visita a unha adega amparada pola D.O. Ribeira Sacra onde os participantes coñecerán os procesos de vinificación e, seguidamente, degustarán viños cun aperitivo típico da zona.

Para ampliar información ou realizar reservas:
http://www.enoturismogalicia.es/es/rutas/-te-gustaria-ser-aceitunero-por-un-dia-74

Artigos relacionados

Back to top button