CulturaCulturaÚltima hora

Descubrindo os “Morcegos de Galicia” en Verín

O Museo Claustro Mercedario acolle ata mediados de febreiro unha mostra sobre estes singulares animais nocturnos

 

Os morcegos son uns animais nocturnos cuxa existencia está rodeada de medos e lendas, pero poucos saben realmente a gran importancia que ten o seu labor no entorno, sendo, entre outras factores, un dos principais reguladores da poboación de insectos. Neles pon o foco a exposición “Morcegos de Galicia, que vén de abrirse ao público este 25 de xaneiro no Museo Claustro Mercedario de Verín (cun horario de mércores a sábado de 11h a 14h e de 17h a 20h e domingos de 11h a 14h).

A mostra aborda diferentes aspectos da bioloxía e o estudo dos morcegos que se poden atopar no territorio galego, así como a súa morfoloxía, o seu estudo e observación ou a súa espectacular capacidade para voar mediante ultrasóns.

“A través de coidados materiais divulgativos, a exposición diríxese principalmente a un público escolar, descubríndolles a importancia deste elemento esencial para a nosa natureza. A finalidade é que, tanto cativos como maiores, descubran a gran riqueza e relevancia que teñen estas especies para o ecosistema galego”, segundo os seus promotores.

 

 

En Galicia existen 24 especies de morcegos, de 10 xéneros e 3 familias diferentes. O coñecemento da bioloxía das diferentes especies é indispensable para unha xestión responsable do seu entorno que favoreza a conservación das súas poboacións.

“Morcegos de Galicia” forma parte da colección itinerante do Centro de Extensión Universitaria e Divulgación Ambiental de Galicia e que exposta ao público ata mediados de febreiro en Verín.

O Museo Claustro Mercedario de Verín

O Museo Claustro Mercedario de Verín nace coa vontade de divulgar a identidade comarcal de Monterrei. Con esta premisa, cada ano consolida a súa relevancia cultural na comarca grazas ás súas exposicións e ás diferentes actividades que se promoven dende esta institución. Proba dos froitos desta labor materialízase nos preto de 7000 visitantes que o museo sumou ao longo do ano 2019.

Fotos cedidas.

Artigos relacionados

Back to top button