OurenseÚltima hora

A deseñadora ourensá Ruth González, autora do cartel gañador dos Maios

Deseño do cartaz dos Maios deste ano, de Ruth González.
Deseño do cartaz dos Maios deste ano, de Ruth González.

A ourensá Ruth Goznález Robles, ex alumna da Escola de Arte e Superior de Deseño (EASD) Antonio Faílde convírtese na autora do cartaz gañador dos Maios deste ano. Alzouse co primeiro posto no concurso de cartaces que a Concellaría de Cultura de Ourense puxo en marcha, e no cal competiu contra máis dunha vintena de propostas. Segundo se indica, o xurado decidiu por unanimidade a elección do deseño baixo o pseudónimo “Gú 2”, presentado co número sete.

Os criterios que sinalou o xurado poñen en valor a “claridade, limpeza e frescura que achega o deseño, facilitando a mensaxe que se lle pretende proxectar á cidad”. Os membros tamén destacaron “a composición, sintética e actual, que transmite a artesanía da creación tipográfica para achegarse á esencia tradicional da festa”.

O xurado estivo composto pola directora de Áreas Expositivas do Concello de Ourense, Eva Torres, o profesor da EASD Faílde, Antonio Ferreiro, e técnicos de Cultura e de Comunicación do Concello de ourense.

Artigos relacionados

Back to top button