EconomíaEconomíaÚltima hora

Deseñadores barquenses na mostra de Xoiería de Autor no Atlántico

A exposición estará aberta ata o 30 de setembro no Corte Inglés de Vigo
Xoia feita con lousa.
Xoia feita con lousa.

Colares de ouro, colgantes de prata, pisa gravatas de perlas, pulseiras de madeira, brazaletes de mokume, xemelgos de cerámica, adornos bucais de coiro, pezas de lousa… Son exemplos do cento de pezas que poden verse no Corte Inglés de Vigo, dentro da exposición de xoiería “2004-2014, 10 anos da xoia de autor do Atlántico” organizada pola Escola Técnica de Xoiería do Atlántico en colaboración coa Asociación Xoias de Autor.

Entre os autores que expoñen en Vigo (do 1 ao 30 de setembro de 10 a 22h.) destacan tres deseñadores ourensáns: Araceli Bravo, Santiago Prada (O Barco de Valdeorras) e Marisela González, “polo seu gran labor na xoiería e os premios recibidos”, indican dende a escola.

Elaborando unha das pezas.
Elaborando unha das pezas.

Dende a organización presentan a exposición como “única en toda a Península Ibérica ao alcalce de quen se sinta atraído por estas pezas únicas, creadas por deseñadores noveis” algúns dos cales estarán puntualmente na mostra para explicar a súas creacións, e así lograr un ambiente distendido e familiar para todo o que asista.

Artigos relacionados

Back to top button