EconomíaEconomíaÚltima hora

Deseño ourensán na alfombra vermella dos Premios Goya 2017

Roberto Verino vestirá a varios actores na gala que se celebrará mañá no Madrid Marriot Auditorium Hotel
O deseñador ourensán Roberto Verino.

A 31ª edición dos Premios Goya celébrase mañá, sábado 4 de febreiro, ás 22h. no Madrid Marriot Auditorium Hotel. A gala será presentada por terceiro ano consecutivo polo actor e humorista Dani Rovira, protagonista de Ocho apellidos vascos e contará coa presenza do máis selecto do cine e tamén da moda española.

O deseñador ourensán, Roberto Verino, estará presente un ano máis na alfombra vermella dos Premios, vestindo a varios dos seus protagonistas. A actriz Luisa Gavasa deslumbrará, presentando unha das nominación. “Radiante e ao estilo de diva dos anos dourados de Hollywood, lucirá un vestido negro con espectacular costa ao aire e ombreiras decoradas en pel de zorro”, explican dende o gabinete de comunicación de Roberto Verino.

Verino tamén viste ao home e o actor barcelonés Lluis Homar, encargarase de entregar un dos premios lucindo un “smoking nred carpet  coa sobriedade e o encanto que lle caracterizan”, din dende a firma galega. Ademais, os actores Fernando Cayo e Boré Buika xunto cos directores de cine Manuel Gómez Pereira e Fernando Colomo, levarán smokings de Roberto Verino durante a gala.

 

Artigos relacionados

Back to top button