ConcellosÚltima hora

Desfibriladores para servizos de emerxencias valdeorreses e triveses

Na mañá do 14 de febreiro a Xunta facía entrega dun total de 157 desfibriladores destinados aos corpos de bombeiros comarcais, GES e Protección Civil de diferentes puntos de Galicia, entre eles a algúns da comarca de Valdeorras e Trives.

O vicepresidente da Xunta, Alfonso Rueda, e o conselleiro de Sanidade, Jesús Vázquez Almuiña, entregaban na sede da Academia Galega de Seguridade Pública, este novo equipamento aos representantes municipais (entre eles estaba o alcalde da Rúa, Luis Fernández, e o de Trives, Domingo Diéguez) e os efectivos dos distintos corpos de emerxencias (como Protección Civil do Bolo, entre outras), co fin de que os concellos galegos poidan contar cos mellores equipos de resposta ante unha emerxencia.

 

 

O vicepresidente da Xunta fixo fincapé na importancia da cooperación, colaboración e coordinación nun eido tan importante como son as emerxencias, que redunda directamente na seguridade e no benestar dos cidadáns galegos, polo que reiterou a necesidade de seguir sumando na aposta dunha xestión conxunta neste eido, no que é tan importante a implicación de todas as Administracións, tanto autonómica, como locais e as provinciais.

 

Na súa intervención, o conselleiro de Sanidade, Jesús Vázquez Almuiña, remarcou que Galicia foi pioneira en España no desenvolvemento de estratexias de cardioprotección, iniciada coa publicación do Decreto 251/2000 que regulaba o uso de desfibriladores por persoal non médico.

Segundo o conselleiro, as unidades do 061 consiguen reanimar a unha media de 700 vítimas ao ano e trasladar con vida ao hospital a un 40%.Polo tanto, remarcou o titular da carteira sanitaria, “en Galicia lideramos a implantación de desfibriladores para o seu uso pola poboación xeral, a formación sistemática cunha estratexia poboacional dos nenos e nenas en soporte vital básico e, tamén, a innovación tecnolóxica para mellorar a asistencia ás vítimas da morte súbita”.

Artigos relacionados

Back to top button