CulturaCulturaGalerías de fotosÚltima hora

Desfile de Carnaval en Vilamartín

Partía arredor das cinco da tarde do sábado dende A Rodeleira

A ritmo de bombos e con moito colorido desenvolvíase o desfile de Carnaval que percorría na tarde do 2 de marzo as rúas de Vilamartín. Arredor das cinco a comitiva carnavalesca partía da Rodeleira e o seu traxecto concluía na praza.

Soaba o ritmo do folión Os Viticultores de Vilamartín e tamén podían verse catro comparsas, con diversas temáticas como unha granxa, “monigotes” ou un equipo de rugby con animadoras.

Fotos: Torfy.

Artigos relacionados

Back to top button