ConcellosEntroidoÚltima hora

Desfile de comparsas o 14 de febreiro en San Clodio

O Concello de Ribas de Sil repartirá 1.500 euros en premios

CARTEL ENTROIDO 2015

Tamén no concello de Ribas de Sil (Lugo) celebran o Entroido cun gran desfile de comparsas. A cita será o sábado 14 de febreiro a partires das 17:30h. dende o polideportivo de San Clodio, percorrendo as principais rúas (estrada de San Pedro, rúa do Ferrocarril e Antonio Pedrosa) ata a praza do Concello onde haberá baile e chocolatada, así como a entrega de premios ás comparsas.

O concelleiro de Cultura, Roberto Castro exercerá de mestre de cerimonias do evento coa seguintes cuantías para os premiados: 300 euros para o primeiro; 200 euros para o segundo; e 100 euros para o terceiro; ademais de seis premios especiais de 100 euros cada un (simpatía, posta en escena, xuventude, participación, alegría e colorido); e outros seis de 50 euros cada un (individual sénior masculino, individual sénior feminino, individual infantil masculino, individual infantil feminino, individual 3ª idade masculino e individual 3ª idade feminino).

Artigos relacionados

Back to top button