Galerías de fotosOurenseÚltima hora

Desfile de Entroidos galegos en Ourense

Tiña lugar no mediodía deste sábado 4 de maio polas rúas do casco antigo da cidade das Burgas

Ata nove manifestacións galegas do Entroido desfilaban no mediodía deste 4 de maio polas rúas de Ourense: as Pantallas de Xinzo de Limia (cuxo Entroido está declarado festa Interese Turístico Internacional); os Cigarróns de Verín (de Interese Turístico Nacional) ou as Madamas e Galáns de Cobres (Pontevedra) e os Xenerais da Ulla (A Coruña), estes dous últimos de interese turístico galego.

Tamén participaban os Volantes de Santiago de Arriba (Chantada), as Bonitas de Sande (Cartelle), os Vergalleiros de Sarreaus, o Entroido de Samede de Paderne (A Coruña) e os Galos da Mezquita (A Merca).

 

 

Artigos relacionados

Back to top button