ConcellosEn Portada EntroidoEntroido 2020Última hora

Desfile de Folións en Chandrexa de Queixa o Sábado de Entroido

Reunirá a dez folións e comezará ás 12h. Despois terá lugar un xantar popular no patio do colexio

O Folión de Chandrexa de Queixa./ Foto: Mónica G. Bellver.

Chandrexa de Queixa celebrará o Entroido o vindeiro sábado 22 de febreiro a ritmo de bombos, aixadas e gadañas. A partir das 12h. comezará un desfile no que participarán ata dez folións: As Maceiras, A Caniceira Os Labregos e A Lardeira (os catro de Trives), os folións da Veiga, O Irrio de Castro Caldelas, Os Arrieiros de Petín, Os Viticultores de Vilamartín, o Folión de Petín e, por suposto, o de Chandrexa de Queixa.

Despois, a partir das 14:30h., servirase un xantar popular no patio do colexio cun menú a base de sopa de cocido, cocido, bica, café e licores. O prezo da entrada é de 17 euros. A festa continuará despois amenizada polo grupo Chastton Show.

 

Artigos relacionados

Back to top button

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies.
Pinche el enlace para mayor información. También puede consultar aquí nuestra política de protección de datos

ACEPTAR
Aviso de cookies
Close