CulturaCulturaGalerías de fotosÚltima hora

Desfile do Domingo de Entroido en Rubiá

As comparsas percorrían a vila na tarde do 3 marzo, saíndo da praza da Baicela

Dende a praza da Baicela partía ás cinco da tarde o desfile de Carnaval que enchía Rubiá de cor e ritmo o 3 de marzo. Numerosas comparsas, algunhas do municipio e outras chegadas de concellos veciños como O Barco (entre elas as de varios centros escolares), levaban o espírito carnavalesco pola localidade.

Había pallasos, músicos, bufóns, monigotes e ata deportistas olímpicos. Ademais no desfile participaba o Folión Os Viticultores de Vilamartín.

Fotos: Sergio Coedo.

Artigos relacionados

Back to top button