CulturaCulturaÚltima horaVídeos

Desfile polas adegas de Sobrado (Trives) no marco da súa Festa Medieval

O programa festivo rematará esta noite coa tradicional 'Queima da bruxa'

 

Só un día despois de que Vilamartín de Valdeorras recuperase a Festa das Covas cunha alta participación, Sobrado (Trives) celebraba o seu particular desfile polas adegas do pobo, no marco da Festa Medieval.

Despois da xornada inaugural da festa con diferentes actividades (desfile de bandeiras e o traspaso de reinado; coroación e pregón da Raíña; representación do Foral; cea; teatro,…) chegaba o día grande, coa reunión de Damas e Cabaleiros na praza para dar comezo ao desfile polas adegas do pobo comendo e bebendo, ao ritmo do grupo de gaitas Airiños de Caldelas, e o acompañamento da parella de xigantes recuperados hai uns anos.

 

Cabezudo na Festa Medieval de Sobrado de Trives.

 

En total foron oito as adegas que abriron as súas portas, ofrecendo cada unha as súas propias viandas elaboradas na maior parte dos casos con produtos caseiros, contando coa colaboración da organización.

A festa rematará pola noite coa temida e esperada Queima da Bruxa e a queimada, trala sentencia do Tribunal da Santa Inquisición que comezará en torno ás 23h.

 

Torre medieval en Sobrado de Trives.

 

Ao longo da fin de semana, a vila estivo engalanada lembrando o seu pasado medieval, con diferentes postos de artesanía e comida no mercado.

Fotos e vídeos: Carlos G. Hervella.

 

Artigos relacionados

Back to top button