ConcellosÚltima hora

Desfile solidario en Viana do Bolo

Jorge Álvarez e Patricia Ares organizan o acto previsto para o 12 de decembro na Casa da Cultura
Cartaz do desfile solidario en Viana do Bolo.
Cartaz do desfile solidario en Viana do Bolo.

O Nadal é unha época de ledicia. Un momento para compartir cos seres queridos e tamén para axudar aos máis necesitados, aqueles que apenas teñen algo que levar á boca, e unha boa forma de facelo é a través dun acto de carácter benéfico.

Con esa idea Jorge Álvarez, propietario da perruquería Jorge Álvarez Estilistas, e Patricia Ares, propietaria da tenda de téxtil De Patri decidían unir os seus negocios e esforzo para dar forma a un desfile de moda que terá lugar o vindeiro sábado 12 de decembro ás 20 horas na Casa da Cultura de Viana.

Sobre a pasarela desfilarán unhas quince rapazas da zona e os asistentes como público deberán levar roupa, xoguetes e produtos alimentarios non perecedoiros que máis tarde serán entregados a Cáritas para o seu reparto entre as familias que máis o necesitan.

Artigos relacionados

Back to top button